
BO NADAL E FELIZ 2009
Este é o recuncho na rede informática pensado para que tódolos membros da nosa comunidade educativa teñamos un lugar de encontro e participación.
A idea primeira é que tanto mestres como alumnos nos familiaricemos coas ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías e aproveitar así ó máximo as súas posibilidades, pero, dende o Centro, queremos tamén abrir este espazo á participación de outros membros da comunidade; fundamentalmente pais e nais así como ex alumnos, con aportacións e colaboracións que poidan considerar de interés para unha mellor educación e formación dos alumnos deste colexio que é, en último término o que todos debemos tratar de acadar.
Esperamos a vosa participación.