Este ano puxemos fin ó entroido co tradicional enterro da sardiña. Participaron tódolos alumnos e alumnas, desde infantil ata sexto. Todos colaboraron na elaboración da sardiña e, por suposto, na ceremonia do enterro. Contamos coa colaboración de pais e nais, membros da Polocía Local do Concello e animou o acontecemento o avó de Ana (alumna de 4º) tocando a gaita. Graciñas a todos.
Como se pode apreciar, non faltaron "choróns" nin "choronas".
Como se pode apreciar, non faltaron "choróns" nin "choronas".