A HISTORIA DO DRAGÓN AJDAR
Este venres día 5 de xuño tivemos na nosa biblioteca a presentación do conto referente do proxecto lector do 3º trimestre deste curso escolar,
catro alumnas de primaria foron as encargadas de narrar a historia de Ajdar ao resto do alumnado do centro.
As ilustracións do conto foron tan importantes coma as palabras impresas.
AS ALUMNAS QUE PRESENTARON O CONTO E AS RELATORAS
A CONTINUACIÓN.....
Imaxinamos, creamos,
e cada un de nós
inventou un animal e tamén o seu nome!
Todos os alumnos do colexio traballando no mesmo proxecto,
os libros unen,
motivan,
engaden cultura
e os recursos que nos proporcionan
son infinitos.
non deixedes de ler nas vacacións, eh?
Tamén son unha forma de viaxar sen moverse do noso punto de lectura.