10 noviembre, 2009

QUE RICAS AS CASTAÑAS!!!

O pasado venres 6 de novembro o noso colexio celebrou a festa do MAGOSTO.

Pola mañá decoramos o colexio cos nosos debuxos e carteis:

Despois fixemos os zonchos coas castañas cocidas que trouxeron os nenos/as.
Pola tarde xogamos a un carrusel de xogos populares: baile con noces, tiro a castaña, carreira de sacos e roubarlle o rabo ó raposo:






Finalizamos coa tradicional degustación de castañas que asou o noso conserxe David.





Este festival foi de portas abertas a toda a comunidade educativa, e os nosos pais/nais tamén puideron vir.

Pasámolo moi ben e trouleamos moito. Deica o vindeiro magosto.

03 noviembre, 2009

QUE DIVERTIDO FOI O SAMAÍN!!!!

O pasado venres día 30 de Outubro, os espíritos e trasnos do Samaín apoderáronse, por fortuna, do noso colexio.
Todo comezou ás 15:30 cando unha arrepiante meiga sementou o pánico no salón de actos da escola.
A partires de entón as imaxes e esceas de terror sucedéronse a esgalla: primeiramente unha recua de pantasmas e espectros do 3º ciclo interpretaron a canción "Noite de Samaín" con percusión incluída facéndonos tremer de emoción.

A continuación foi a quenda dos pequenos grandes monstros de E. Infantil que bailaron e cantaron terrorificamente ao son da canción "Buenas noches señor monstruo".



De seguido, o alumnado de 1º ciclo deleitounos cunha sentida dramatización do conto "Samaín" amosándonos o valor dunha boa lectura ás escuras.
















Finalmente, o alumnado de 2º ciclo encargouse de despedir o festival cun arrepiante tema de creación propia "Doce pesadelo de Samaín".















Para que non decaese o ánimo, a festa continuou no cemiterio do colexio (pavillón) onde os maléficos especialistas nos tiñan preparados uns diabólicos xogos.